O cabaliño do demo vai voando

Neuroses e outras historias

Filed under: Sen clasificar — Cabaliño do demo at 10:35 pm on martes, xullo 18, 2006

OUTRO DÍA SEN TI

Filed under: Sen clasificar — Cabaliño do demo at 8:55 pm on domingo, xullo 9, 2006

Outro día lonxe do meu outro cabaliño do demo, do meu amor, con quen quero voar cada día e cada noite, ata a eternidade… ¿Existe a felicidade? Se existe, es ti, son eu cando estou contigo, somos os dous xuntos… a felicidade é o sentimento que teño cando sei que esteas onde esteas, pensas en min.

E hoxe, que non che puide ver, que non puide voar nas praias ó teu carón, estou triste. Hoxe que brillou o sol máis que nunca, o orballo molleume os ollos só porque non estabas preto. Bótoche en falta, meu cabaliño do demo, moito, sempre, a cada segundo.

Pero me consola saber que estás alí, preto ou lonxe, dentro de min, en calquera lugar do mundo…….. pensando en min, coma eu en ti.

O OUTRO CABALIÑO DO DEMO

Filed under: Sen clasificar — Cabaliño do demo at 10:53 am on domingo, xuño 18, 2006

 

Son o outro cabaliño do demo. Aquel que se ergue cada mañá pensando en te atopar, en desprega-las súas ás e ir na túa procura -esteas onde esteas-. Preto ou lonxe, alí chegarei. Lonxe ou preto, alí nos encontraremos.

 

ASINADO: O outro cabaliño do demo.

Benvidos ó mundo máxico do cabaliño do demo…

Filed under: Sen clasificar — Cabaliño do demo at 3:52 pm on venres, xuño 16, 2006

Para empezar, desculpádeme polos erros ortográficos (aínda ando a aprender o galego) e tamén por escribir (que o vou facer) algunha cousa na miña lingua natal, o catalán.

Non sei moi ben como funciona isto, así que vou probar.