OUTRO DÍA SEN TI
Outro día lonxe do meu outro cabaliño do demo, do meu amor, con quen quero voar cada día e cada noite, ata a eternidade… ¿Existe a felicidade? Se existe, es ti, son eu cando estou contigo, somos os dous xuntos… a felicidade é o sentimento que teño cando sei que esteas onde esteas, pensas en min.
E hoxe, que non che puide ver, que non puide voar nas praias ó teu carón, estou triste. Hoxe que brillou o sol máis que nunca, o orballo molleume os ollos só porque non estabas preto. Bótoche en falta, meu cabaliño do demo, moito, sempre, a cada segundo.
Pero me consola saber que estás alí, preto ou lonxe, dentro de min, en calquera lugar do mundo…….. pensando en min, coma eu en ti.