As 8 palabras…
¿ Por que escollin 8 e non outro número? Porque o 8 é un número máxico. Non ten nin principio nin fin (como o cero, diredes, pero non é o mesmo, o cero é nada, o 8 é como o símbolo do infinito). Ademais, o 8 é o número que escollin para ti no meu móbil ¿por que? Polo significado que ten para min, e porque así o quixen.
Agora, vou definir 8 palabras, que me gustan, porque teñen un significado máxico tamén, para min:
Agarimo = Aquilo que cando o fas, faime sentir viva // Cun só dos teus agarimos, son a persoa máis feliz que existe neste mundo.
Alma = Esa parte de min que está baleira cando non estás ti // A alma da namorada síntese baleira sen o seu amado.
Aperta = Unha maneira de estar aínda máis próximos os dous e de sentirme protexida do mundo // Dáme unha aperta que se transforme nun nó, para non separarnos endexamais
Bico = Intercambio de sensacións con só o contacto dos nosos beizos, dos meus labios coa túa pel, ou dos teus labios coa miña // Faría un pauto co demo, só para sentir outro bico teu sobre a miña pel.
Ledicia = Sentimento que teño só con verte ou escoitarte // É unha ledicia terte cerca.
Morriña = Estado no que me atopo cando estás lonxe e cando me lembro dos momentos en que estamos xuntos // Sinto morriña cando non estás ó meu carón.
Nós = Ti máis eu, e ninguén máis // Vamos inventar un mundo no que só estemos nós.
Sorriso = Acto involuntario que non podo evitar cando me miras // Un sorriso parvo queda gravado na miña cara cando te vexo.
Agora, se queres, podes engandir a lista, pero só se es capaz de poñer 8 palabras máis…