O cabaliño do demo vai voando

Neuroses e outras historias

Mil grazas

Pode que non sexa necesario que che diga isto, pero quero facelo…

Grazas por darme novos motivos para levantarme da cama cada mañá. Grazas por ser a luz na miña escura noite. Grazas polo teu entusiasmo contaxioso. Grazas por facer da miña vida un soño, e dos meus soños unha vida. Grazas porque sen sabelo fixeches que volvese a escribir. Grazas polas ilusións que espertaches despois de tanto tempo. Grazas por aguantar as miñas neuroses. Grazas pola túa infinita paciencia. Grazas por facerme rir de novo. Grazas por escoitarme cando estou triste. Grazas por compartir comigo instantes inesquecibles. Grazas pola túa beleza exterior, e sobretodo, interior. Grazas por aprenderme tanto. Grazas por falar comigo de calquera cousa. Grazas polos teus agarimos e bicos cando máis os necesito. Grazas por sacar fóra o mellor de min e non criticar os meus defectos. Grazas porque dende que te coñezo o día ten outra luz. Grazas por estar sempre aí.

Pero, sobretodo, mil grazas, por ser como es, por ser como es comigo e por construir comigo un nós.