O cabaliño do demo vai voando

Neuroses e outras historias

Todo ou nada

¿Que é o amor, que cando está todo parece máis marabilloso? No estómago faise un nó, e sentes cóxegas como se cen bolboretas andasen voando no interior. Os ollos locen doutra maneira… un sorriso parvo queda gravado na cara do namorado, e na cabeza non hai outro pensamento. ¿Sabes que é? Seino.

O amor é todo e é nada, todo cando ti estás preto, nada cando te afastas. Só queda a lembranza dun bo momento que queres facer eterno. Aquí estou eu para que non te esquezas, para que a túa alma esperte con cada novo agarimo.

Son a lúa que no alto do ceo coida dos teus soños, son a brisa do movemento das túas pestanas, son o orballo que molla as túas meixelas. Son a risa dos teus beizos, son a bágoa dos teus ollos, son o tacto dos teus dedos. Son o carballo que te protexe do sol, son a mazá que te alimenta, son o paporrubio que te canta no albor.

Son todo iso e máis, pero sobretodo, son o cabaliño do demo que vai voando ata atoparte…

Escribino pensando en ti, o meu amor