Un mundo de tolos
Vivimos nun mundo de tolos, feito por tolos e para tolos. Cada día espertamos coa alma baleira, enchida de preocupacións, cansa dunha vida non desexada ¿e que facemos? Nada, non o podemos evitar. A sociedade cada vez é máis cruel, creando persoas sen sentimentos e aniquilando as ilusións. Pois hoxe, vouche contar un segredo. Voume rebelar, non quero ser unha persoa que anda polo mundo sen sentido, sen emocións. Vou disfrutar de cada momento, como nunca o fixen. Vou vivir a vida como eu quero e con quen quero. Así ten que ser, senon ¿que sentido ten estar vivo ou pensar que o estás?